Meis celebrará o entroido e o seu tradicional desfile

MEIS> O concello de Meis recupera a celebración do entroido. O día 26 de febreiro terá lugar na vila o tradicional desfile de disfraces. A diferencia doutros anos, o recorrido farase a inversa saíndo do pavillón municipal ata a praza de España onde terá lugar unha pequena celebración. Os participantes do desfile, inscritos previamente, participarán no concurso do entroido.

Coa mellora da situación sanitaria, o concello de Meis recuperará a súa actividade cultural e festiva. Coa idea de xerar alegría e ilusión na veciñanza, a vila recuperará este ano a celebración do entroido co seu tradicional desfile. O festexo terá lugar o día 26 e novidade será o cambio no percorrido.

Na praza de España cortarase o tráfico para que a veciñanza goce dunha celebración con música, animación e a entrega de premios aos mellores disfraces. Para participar é necesaria inscrición previa e formar parte do desfile.

As categorías dividiranse en adulto, grupos, parellas e individual, e infantís, tamén en grupos, parellas e individual. No caso do individual dividiranse ademais en outras dúas categorías, de 0 a 3 anos e de 4 a 14 anos.

O entroido celebrarase cumprindo con todas as medidas de seguridade. Para velar por que se cumpra as normas, o concello contará coa colaboración de protección civil de Meis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí