Fexdega continúa adiante ca concesión das pistas de pádel

    VILAGARCIA> O recinto feiral de Fexdega está a piques de albergar unha concesión de cinco pistas de pádel

    {flowplayer}images/salnes/abren_plicas_pista_padel.flv{/flowplayer}

    … privadas no seu interior. O padroado ven de abrir as plicas cas dúas ofertas a concurso para a mesma con dous únicos candidatos: o Centro Deportivo La Condesa de Caldas e Aun Xestión Deportiva da Coruña. A documentación era a correcta e o venres a mediodía coñecerase a proposta económica presentada polas dúas empresas.

    Pero antes diso, o asunto central desta última xuntanza do Padroado foi a de resolver o recurso presentado pola vocal socialista Tania García; na que amosaban o seu rexeitamento ó trámite de urxencia deste concurso, ó canón interposto nesta conceción por entender que era demasiado baixo e tamén á fórmula do mesmo, por entender que supoñía unha competencia desleal para outra empresa de recente creación no municipio; baixo a ameaza de recorrer a un recurso contencioso administrativo.

    A estas cuestións, o Alcalde Tomás Fole contestou facendo uso do informe da Secretaria do Padroado; no que se recollía, entre outras cousas, que o concurso non fora tramitado pola vía da urxencia. Amais o PP puxo como exemplo outras concesións semellantes como a piscina municipal con spa e ximnasio que foron postas en marcha no mesmo réxime durante o mandato municipal dos socialistas. Fole lamenta a oposición confusa e desnortada que están a facer desde o PSOE, seguramente debida ó desorde interno nas listas deste partido.

    Respecto ó BNG, o rexedor vilagarcián garántelles que Fexdega vai a seguir sendo o motor económico e social da comarca.

    Ante estas posturas, Tomás Fole pide á oposición que exerza o seu papel de xeito responsable antepoñendo os intereses deste Concello antes da súa rendibilidade como oposición para intentar favorecer os intereses empresariais da contorna.

    O Padroado de Fexdega traballa agora na elaboración dunha próxima posible feira sobre o mundo do motor da que proximamente darán máis detalles.

    Redacción Salnés