VILAGARCÍA> En Vilagarcía, un grupo de mozos e mozas da cidade estanse a forman na empresa Thune Eureka, dedicada á fabricación de equipamentos para sectores como o naval ou defensa. Están a participar no programa de emprego que impulsa o concello, co compromiso da compañía de contratar unha parte do alumnado. A dirección da empresa explica que se trata de empregos de calidade, nun sector cunha alta demanda de persoal especializado.
Thune Eureka, con sede en Vilagarcía, é unha empresa centrada na fabricación de equipamentos para distintos sectores, como o naval, a defensa ou a ciencia. Un ámbito cunha alta carga de traballo e, polo tanto, cunha gran demanda de persoal cualificado. Nesta liña, a compañía está a formar a futuros traballadores do sector, a través do programa municipal de formación con compromiso de contratación.
Unha primeira toma de contacto cun sector que xera tamén moito interese entre a mocidade. A esta convocatoria presentáronse máis dunha trintena de aspirantes, dos que foron seleccionados 15. Como moito tres serán os afortunados que poidan facerse con ese agardado contrato nesta empresa.
Esta é a sexta edición deste programa impulsado polo concello, que aínda que non ten competencias en emprego, busca con esta ferramenta ofrecer ás empresas da cidade persoal cada vez máis cualificado.
E apunta o alcalde, con este tipo de programas o concello ‘bota unha man’ para reducir o desemprego na cidade. Con todo, explica Varela, os datos na cidade son cada vez mellores.
Ademais deste empresa, neste programa participan outras compañías da cidade como Mematec ou Fundivisa.











