A saúde sexual, a debate nunhas xornadas en Ribadumia

RIBADUMIA> Ribadumia acolle unhas xornadas centrada na saúde sexual. Dirixidas especialmente á mocidade, o acto ofrecerá información sobre métodos anticonceptivos ou infeccións de transmisión sexual. Servirá tamén para derrubar tabús que, aínda a día de hoxe, perviven na sociedade. As xornadas van ter lugar o venres día 16 no auditorio municipal.

Coincidindo co Día Mundial da Saúde Sexual, Ribadumia acollerá unhas xornadas formativas dirixidas especialmente á mocidade. Serán na tarde do 16 de febreiro, no auditorio municipal.

Nestas xornadas van da man o concello co persoal do centro de saúde de Ribadumia.

As xornadas estarán conducidas polo doutor Manuel Varela. O seu obxectivo é poñe-lo foco nos métodos anticonceptivos, nos mitos e tabús que aínda rodean ao sexo e sobre todo nas infeccións de transmisión sexual.

Nestas xornadas colaboran tamén o CD Ribadumia, o Umia CF, o Club Náutico O Muíño e o Club Ciclista Ribadumia.