BOIRO> O Comité de Empresa do concello de Boiro urxe á aprobación dunha Relación de Postos de Traballo actualiza. Denuncian o retraso na súa elaboración e a falla de diálogo entre a administración e os traballadores.
Esta mañá, os traballadores do concello de Boiro concentrábanse ás portas do consistorio para demandar a aprobación dunha RPT actualizada para acabar coa fenda salarial e de xénero e recoñecer o valor dos servizos públicos que prestan. Tras unha vintena de reunións, o concello contratou a unha empresa externa para a valoración dos postos de traballo, tarefa que xa viña desenvolvendo o propio comité de empresa.
Dende entón denuncian unha parálise nas negociacións das conversas que implicará retrasos na elaboración do documento que debería estar aprobado este ano.
Tras ano e medio de traballo, o comité de empresa urxe ó concello a atender ás súas demandas e avanzar na RPT que permitirá a actualización salarial de 175 empregados.
A réplica dende o Concello non se fixo agardar. Dende o executivo mostraron a súa vontade de chegar a un acordo co comité de empresa, algo que xa demostraron durante o pasado mandato coa aprobación da consolidación dos postos de traballo. Lamentan o xiro que dá o comité, apelando novamente ó diálogo como mellor solución ó problema.