O prezo do marisco mantense na lonxa con cotizacións estables

RIBEIRA> Nadal atípico ata no que respecta ós prezos do marisco. Fronte ás subas que soen experimentar nas datas previas ós festivos, este ano apenas se notou un incremento na cotización de especies como a ameixa ou a centola que permaneceron en valores similares ó pasado mes.

Os prezos do marisco en lonxa apenas experimentaron subas, tal e como soe se habitual durante o Nadal. A centola e a ameixa mantivéronse estables con cotizacións similares ás do pasado mes de novembro.

O mesmo aconteceu co peixe que se mantivo en prezos máis ben modestos co quilo de pescada por baixo dos tres euros.