A Deputación investiu uns 300.000 euros no Mosteiro de Armenteira

    rehabilitacion_armenteira100.jpgMEIS> A Deputación provincial acometeu a restauración do Mosteiro de Armenteira, para dotala do seu natural esplendor hoxe, Día das Cabezas.

    {flowplayer}images/salnes/rehabilitacion_armenteira.flv{/flowplayer}

    MEIS> A Deputación provincial acometeu a restauración do Mosteiro de Armenteira, para dotala do seu natural esplendor hoxe, Día das Cabezas. Case trescentos mil euros de inversión para que o Mosteiro de Armenteira luza como segundo o presidente da entidade provincial di, a catedral do Salnés. Un templo que cada ano acolle miles de visitantes e peregrinos.

    É un punto sinalado da comarca que especialmente este ano Xacobeo multiplicará os habituais visitantes. O Delegado da Xunta José Manuel Cores Tourís e o alcalde de Meis acompañaron a Rafael Louzán na visita que fixeron polo interior do templo, mentres o arquitecto director dos traballos explicaba as obras xa acometidas. Consistiron no saneamento das humidades que padecía a basílica como consecuencia das filtracións directas e por capilaridade.

    Tamén se levou a cabo a limpeza de pilastras, arcos, paredes e bóvedas. Estas últimas pintáronse amais de azul ceo co fin de recuperar o decoro e o esplendor do templo. Os traballos pendentes consistirán na reparación e nivelado do chan de pedra, a limpeza exterior do templo onde tamén se erradicarán as humidades. A substitución da carpintería das ventás e do rosetón, para evitar condensacións e amais, faranse actuacións complementarias na iluminación.

    O denominado Plan Armenteira dous mil nove- dous mil once contempla actuacións en colaboración coa Xunta de Galicia por un orzamento de un millón de euros. Por outra banda, o vindeiro luns, a Deputación iniciará as obras de lousado, pavimentación e dotación de servizos dos accesos ó Mosteiro de Armenteira, en Vilar, entre o Mosteiro e o cemiterio. Construiranse tamén aseos públicos, un aparcadoiro e o empedrado da zona contigua ao propio Mosteiro.

    Segundo presidente da Institución provincial, con todas estas actuacións, outorgarán á comarca do Salnés dun atractivo turístico, cultural, económico e de ocio.

    Redacción Salnés