Comeza en Cambados un programa de educación viaria

    seguridade_viaria_100.jpgCAMBADOS> A seguridade viaria foi o tema en torno ó que xirou a charla impartida esta tarde no Colexio de Infantil da Pastora, en Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/030309_charla_seguridade_viaria.flv{/flowplayer}

    A ela asistiron os pais e nais do alumnado do centro para informarse do contido do programa Familia-Escola. Este programa, incluído nunha campaña de educación promovida pola Dirección Xeral de Tráfico, comezará a impartirse en breve neste centro educativo e noutros da comarca.

    A partir de agora os pequenos e pequenas recibirán unha formación viaria na escola por parte dos seus profesores, que será complementada na casa e na rúa polos seus proxenitores. Nesta xuntanza, os maiores puideron ver vídeos e diapositivas esclarecedoras das explicacións e os asistentes levaron de balde dípticos explicativos e chalecos reflectintes para os seus pícaros.

     Ademais, tiveron a oportunidade de prantexar as súas dúbidas máis frecuentes; a primeira delas como transportar os seus fillos correctamente nos seus vehículos. Dita campaña conta ca colaboración da policía local de Cambados.

    Redacción Salnés