O PP denuncia atrancos do goberno para acceder a documentación

    SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo volve denunciar falta de transparencia no goberno tripartito. Dende a formación aseguran que o executivo non proporciona aos concelleiros da oposición a documentación que solicitan. O PP de Sanxenxo volve criticar a falta de transparencia do goberno tripartito. Segundo os populares, o executivo continúa a pór trabas ao seu labor de oposición, dificultándolles o acceso á documentación que solicitan. O edil popular insistía en que o acceso á documentación municipal é un dereito dos membros da corporacion que non precisa de supervisión do executivo. Esta mesma mañá, o PP solicitaba no rexistro información sobre os gastos e as dietas do goberno. Unha información que xa fora pedida polo edil non adscrito Roberto Agís, e que o executivo insistiu en revisar. Segundo os populares, esta situación é unha mostra máis da falta de talante democrático e de transparencia do goberno tripartito de Sanxenxo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/rp_sanxenxo_pp_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/rp_sanxenxo_pp.mp4{/flowplayer}