O programa concurso Ven a Vila recibe un premio a nivel nacional

    venavila_100_copy.jpgVILAGARCÍA> O Programa Concurso Ven a Vila, de promoción do comercio de Vilagarcía ven de ser seleccionado por Ágora, o Foro Internacional…

    {flowplayer}images/salnes/060309_premio_ven_a_vila.flv{/flowplayer}

    … do Comercio Urbán como unha das mellores iniciativas de promoción do comercio a nivel local. Este reality foi elixido entre as mellores experiencias de dinamización comercial a nivel nacional, sendo este proxecto o único procedente dunha pequena cidade que non é capital de provincial.

    Desde a concellería de Innovación e Promoción Económica e desde a productora encargada do proxecto Mister Misto Films non ocultaban a súa satisfacción ante este recoñecemento que vai a supoñer a súa presencia nun certame nacional.

    Esta campaña foi ademais rendible para os participantes e tamén significou unha proxección do comercio local en tódalas comarcas das rías baixas, grazas a súa difusión por esta canle, CANALRIASBAIXAS.

    Outros concellos galegos xa pediron a productora a posibilidade de repetir esta experiencia noutros lugares, malia todo, Mr. Misto pospuxo polo de agora esa posibilidade.

    Redacción Salnés