Máxima sanción para os vertidos

    VILANOVA> A Mancomunidade prepara un regulamentomento comarcal coa máxima sanción legal e pedirá os concellos que lle cedan as súas competencias sancionadoras, para perseguir as empresas que vertan os ríos de maneira reincidente. O presidente en funcións, Gonzalo Durán explicou a Canal Rías Baixas de que a sanción sexa a máxima que permita a lei.

    Estas son as augas contaminadas de o regato de Os Pasales, no termo municipal de Cambados, que recolle as augas dende Oubiña ata o Umia. Unha mestura de augas fecais e residuos industrias enturbian estas augas que desembocan no río Umia. Por iso a Mancomunidade de O Salnés pide os concellos afectados que lles cedan as súas competencias en materia sancionadora para multar as empresas que vertan os seus residuos o río de maneira reincidente. Unhas sancións que deberían acadar o custo máximo legal para evitar estas situacións.

    Esta cuestión tratarase no pleno comarcal de este mes. Durán recordou que por lei as empresas deben depurar nas súas propias instalación. 

    A Mancomunidade quere tomar outras medidas que recoñece drásticas como desconectar as empresas da rede comarcal de tratamento de augas que remata na EDAR DE Ribadumia.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/10/duran_por_vertidos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/10/duran_por_vertidos.mp4{/flowplayer}