Vilanova homenaxea ás mulleres do rural

    mulleres_vilanova100_100309.jpgVILANOVA> O Concello de Vilanova homenaxeou a seis mulleres, unha por parroquia con motivo do Día Internacional da Muller.

    {flowplayer}images/salnes/ACTO_MULLERES_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O Concello de Vilanova homenaxeou a seis mulleres, unha por parroquia con motivo do Día Internacional da Muller. Labregas, mariscadoras, empresarias, ou amas de casa, son as diferentes tarefas que tiveron estas veciñas, pero todas suman unha vida dedicada ó traballo e á familia.

    Dosinda Novo Falcón, foi a muller elixida pola parroquia de Baión. Ten 67 anos e lembra que comezou a vender piñas e a repartir leite con tan só 13. De San Miguel de Deiro destacouse a Marina Santórum Padín, de 72 anos. Tiña 12 cando comezou a baixar á praia. Mercedes Santos López, foi a homenaxeada da parroquia de Vilanova. Leva toda a vida entre fogóns á fronte do histórico Bar Santos.

    Por Caleiro, elixiuse a unha labrega Balbina Nogueira Nogueira, de 86 anos. Tiña 8 anos cando comezou a ir polos mercados e a axudar á súa numerosa familia. Da parroquia de András destacouse a Consuelo Vázquez García, quen compaxinou durante moitos anos o traballo no campo coa limpeza dos colexios e as tarefas do fogar, coidando ós seus sete fillos. Outra homenaxeada foi Laura Abal Castro, de 82 anos, e veciña de Tremoedo, por toda unha vida vinculada ó campo.

    Redacción Salnés