![]()
CAMBADOS> O PP pedirá no Congreso que non se esqueza a senda verde polo Umia, nin a rexeneración da costa nin o novo cuartel de Cambados.
{flowplayer}images/salnes/rolda_pp.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> Desembarco de populares en Cambados. O sábado manifestaron o seu apoio a este concello os deputados no Congreso Ana Pastor, Jesús Pérez Arca e María Ramallo, as senadoras Paz Lago e Dolores Pan, e a parlamentaria autonómica Rosa Oubiña, amais do alcalde Luís Aragunde e o seu primeiro tenente de alcalde Antonio Iglesias.
O PP deu a coñecer as iniciativas que leva a cabo para reivindicar obras pendentes en Cambados, como o novo cuartel da Garda Civil, a senda verde polo Umia, e a rexeneración do tramo de costa desde a ponte da Illa ata Tragove. No caso do cuartel da Garda Civil, o Concello asegura que mantén os compromisos adquiridos no seu día para facelo realidade. O alcalde explicou que o proxecto de obra xa foi remitido ó Ministerio de Interior e que o Concello asumirá os gastos do realoxo de cinco familias de gardas civís que residen actualmente no cuartel.
Os populares tamén amosaron a súa preocupación polo albariño. A OCM do viño establece a posibilidade de que os vinos que non pertenzan á denominación de orixe Rías Baixas poidan incluír a mención á variedade do albariño nas etiquetas. O Parlamento Galego aprobou unha iniciativa do PP para que o Goberno central pida a Bruxelas que corrixa este punto, pero os populares cren que Madrid non hai ánimo de sacalo adiante.
A resposta do PSOE non se fixo esperar. O deputado no Congreso e edil cambadés, Domingo Tabuyo cualificou esta rolda de prensa de ‘teatriño popular’ e cre que responde ó temor do PP a perder a alcaldía de Cambados.
Redacción Salnés







