A Confraría do Grove nega as acusacións de acoso dun socio

    pm_grove_100.jpgO GROVE>  A Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove ven de saír ó paso das denuncias feitas nalgúns medios de comunicación por algúns …

     {flowplayer}images/salnes/110309_denuncias_confraria_grove.flv{/flowplayer}

    …dos seus socios, nas que aseguraban estar sometidos a acoso por parte dos directivos. A dirección do pósito cualificou de rotundamente falsas e inxuriosas estas acusacións; e instou ó presunto afectado a que acudise a Xustiza se de verdade quere probar o que di.

    Porén, o Patrón Maior grovense, Francisco José Iglesias Prol, deixa entrever nun comunicado que o denuncia puidera ser unha persoa que fora advertida e sancionada polo pósito por ter infrinxido algunha que outra norma ou medida disciplinaria. Asemade, esta confraría non descarta iniciar as accións xurídicas contra esta ou calquera outra persoa que divulgue inxurias ou calumnias contra eles nos medios de comunicación.

    Ó fío deste asunto, desde a directiva desta Confraría lembran un caso similar dunha ex-socia que denunciara acoso e vulneración dos seus dereitos fundamentais e que logo o Xulgado de Pontevedra se encargou de desestimar.

    Redacción Salnés