MEANO> Nunha tenda de Meaño os escaparates cobran vida. Trátase dun establecemento de lencería que converteu xa en todo un clásico os desfiles e escaparates viventes. As protagonistas, de novo, clientas da zona que, sen ningún prexuízo, amosan ao público os seus corpos.
Os escaparates desta tenda de Dena, en Meaño, volven estar cheos de vida. O establecemento especializado en lencería chámase Sensualtissé e converteu xa en todo un clásico iniciativas como esta. Neste caso, as súas clientas convértense en maniquís presumindo de corpo e das novidades da colección de outono-inverno.
Porque do que se trata é reivindica-la diversidade de corpos, cada un fermoso á súa maneira, independentemente da talla que precisemos.
As modelos que lle deron vida a este escaparate son clientas habituais da tenda.
De feito a idea de organizar estes escaparates viventes partiu dunha desas clientas.
Repercursión entre a veciñanza e tamén mediática, converténdose en todo un referente da reivindicación dos corpos diversos. Este foi o segundo escaparate vivente que organizan nesta tenda, ademais de ter celebrado xa oito desfiles.