![]()
CAMBADOS> Marcos César González centrarase agora no seu cargo á fronte do Consorcio do Comercio de O Salnés.
{flowplayer}images/salnes/130309_homenaxe_marcos_cesar.flv{/flowplayer}
Despois de seis anos, como presidente dos comerciantes de Cambados, Marcos César González, pasa páxina. No pasado quedan anos de esplendor para o comercio local, que está a pasar agora grandes dificultades por mor da crise. Agora, este cambadés dedicarase por completo á presidencia do consorcio de Comercio do Salnés. Un proxecto que engloba a tódolos comerciantes da comarca co obxectivo de loitar xuntos a prol do comercio local e en contra das grandes superficies. Para logralo, nas vindeiras semanas vaise poñer en marcha unha forte campaña promocional do pequeno comercio, da comarca.
O protagonista deu a benvida ao novo presidente do colectivo, Armando Gondar, que encabezará o colectivo ata as vindeiras eleccións. Gondar mostrouse partidario de continuar coa labor do seu predecesor e de impulsar unha maior participación dos asociados, no colectivo.
No seu discurso de despedida, Marcos César González tivo palabras de agradecemento para a xerente do colectivo, polo seu apoio incondicional. Marcos César González tamén se referiu ao alcalde de Cambados, e agradeceulle a cesión, gratuíta, do local que ocupa Zona Centro.
Redacción Salnés








