Iziane e Sara son dúbida para o encontro ante o Soller

tito250_130309.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa volve á competición quince días despois. Será mañá, en Mallorca, ante o Soller, cuarto clasificado na Liga Feminina. Desprazamento complicado para as de Tito Díaz que deberán sair a pola victoria porque a marxe de erro é cada vez menor.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_130309.flv{/flowplayer} 

Chega o tramo final de temporada e pese á recuperación do equipo nas últimas semanas, a permanencia está complicada para o Extrugasa. Principalmente porque os rivais teñen un calendario máis asequible que o das vilagarciáns, que terán que enfrontarse a equipos da parte alta, incluidos os case inaccesibles Ros Casares e Perfumerías Avenida.

Sin ir máis lonxe esta semana xogarán entre si os dous últimos da táboa, Gran Canaria e Estudiantes e o Extrugasa visita a cancha do cuarto clasificado, o Soller Joventut Mariana.

Os contratempos para Tito Díaz multiplicáronse tralo partido amistoso do mércores ante o Pio XII  xa que Sara Gómez aínda arrastra molestias nun nocello e Iziane Castro tampouco está ó cen por cen, polo que as dúas mellores armas no xogo exterior chegarán tocadas ante un rival de moita caliadade, onde destacan dúas americanas, Armentine Price e Murriel Page; entre ambas levan o peso anotador e reboteador do equipo.

Na Liga Eba, outro que volve é o Inelga, xa que a semana pasada tocoulle descansar. Desta volta reciben en Fontecarma ó cerraportelos Marín Peixegalego, unha boa oportunidade para sumar dúas victorias consecutivas e escapar dos postos baixos da táboa.

Redacción Salnés