UPTA reclama a creación inmediata dunha mesa para a industrialización do Salnés

VILAGARCÍA> UPTA, a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos, reclama a creación dunha mesa pola industrialización e o emprego na comarca do Salnés. Cren que debería ser a Mancomunidade a que liderase esta iniciativa para que se asenten novas empresas na comarca. Ao mesmo tempo tamén se queren reunir coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía para que o porto da cidade sexa moito máis que un punto de descarga de colectores.

UPTA arranca este 2025 cunha gran reivindicación para a comarca do Salnés.

Cren que debería ser a Mancomunidade a que liderase esa mesa.

Porque, apunta, nestes momentos ninguén está a liderar a industrialización da comarca. Dende UPTA insisten na necesidade de que aquí se asenten novas empresas, que tiren pola economía. Iso si, matizan, compañías que non poñan en perigo outros sectores, en alusión, á ameaza de Altri.

En UPTA din que van a por todas e queren que este mesa de traballo se poña en marcha xa neste primeiro trimestre do ano. Para iso, contactarán con concellos e entidades de todo tipo. Tamén petarán na porta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

O colectivo de autónomos aproveitou hoxe para facer balance de 2024. Salientan que as provincias da Coruña é Pontevedra son as únicas de Galicia que se manteñen estables en canto a número de autónomos, incluso cun crecemento moi baixo. No caso o Salnés falan de datos bos, pero advirten dunha falsa estabilidade con máis dun cento de novos traballadores por conta propia, situándose a finais de ano en máis de 8.700.

Unha rotación que se dá especialmente no comercio, co peche e inmediata apertura de negocios nos mesmos locais. No conxunto de Galicia o sector do comercio segue en caída libre. Para mostra un dato: no pasado mes de decembro, de media, na comunidade pecharon ao día 5 establecementos.