O Concello de Pontevedra creará máis de 531 novos postos de emprego

    louro_lores_100.jpgPONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra fixo hoxe balance das políticas que está pondo en marcha nesta anualidade para promover o emprego…

     {flowplayer}images/salnes/170309_formacion_emprego_po.flv{/flowplayer}

    … nestes tempos de crise. Así, o consistorio pontevedrés xestionará un total de 4.8 millóns de euros procedentes de fondos propios e achegas da Consellería de Traballo e do Fondo Social Europeo. Con estes cartos chegarán a crearse un total de 531 novos empregos en catro iniciativas formativas, sen ter en conta o profesorado necesario para as mesmas.

    Todas estas iniciativas, tanto os plans de cooperación e colaboración, como a Iniciativa local de emprego social e o obradoiro de emprego están destinadas principalmente a colectivos sensibles ou de difícil inserción laboral, co que o Concello crea emprego entre as persoas con menos posibilidades.

    A maiores desta catro fórmulas, o Concello pontevedrés xestionará outras fórmulas de creación de emprego, como a Oferta de Emprego público, que suporá a cobertura de 56 novos postos e a contratación de obras con cargo ós fondos de inversión local do goberno central.

    Por último, o Concello de Pontevedra estima que o Plan E do goberno central podería supoñer a creación de 270 novos postos de emprego no sector da construcción e das obras públicas.

    Redacción Salnés