O sector da conserva pide na Illa maior control sobre os productos de fora da UE

    juanvieitesdesousa_100_261006.jpgA Illa > Durante dous días A Illa de Arousa acolleu unhas xornadas organizadas pola Federación Agroalimentaria de UGT.

    Baixo o nome ‘Presente e futuro do sector das conservas de peixe’, a Federación Agroalimentaria de UGT organizou unhas xornadas na Illa que reuniron a responsables de diversas administracións e expertos relacionados co sector da conserva.

    Un dos ponentes foi o secretario xeral de Anfaco, Juan Vieites, quen falou sobre seguridade alimentaria, un dos grandes retos do sector. Vieites asegurou na Illa que o gran reto é garanti-la seguridade alimentaria de tódolos productos, algo que se conseguiu para os productos da Unión Europea pero non para os de fora, que son o 70% dos que se moven no sector. Por iso o gran empeño agora de Anfaco é que se controlen todos eses productos e se impida que unha crise alimentaria prexudique todo o traballo feito dende a Unión Europea e especialmente dende Galica, xerme do sector da conserva. Aquí naceu o Centro de Investigación de Anfaco, ligado á Asociación Nacional de Fabricantes de Conserva, unha organización moi ligada ademais á Illa de Arousa, lugar elexido para estas xornadas nacionais, xa que naceu do esforzo dun empresario da conserva emblemático como foi Goday.

    Galicia líder

    Dende entón Galicia segue liderando o sector. Daquí sae o 85% da producción española, máis do 65% da da Unión Europea e é a segunda zona productora mundial. Unhas cifras que Anfaco quere manter e para iso, como onte dixera o secretario xeral da Federación Agroalimentaria de UGT, hai que apostar pola investigación, pola calidade e pola internacionalización. Só deste xeito se poderá garantir un bo futuro para o sector da conserva galego.

    Redacción Salnés