Os viños escumos triunfan en Cambados cunha nova edición da feira Essspop

CAMBADOS> Cambados recuperou esta fin de semana a súa feira de viños escumosos. Un total de 12 adegas estiveron presentes na carpa do xardín do Pazo Torrado ofrecendo os seus caldos. A celebración foi un éxito de visitantes e supón un pulo para promocionar as vendas destas especialidades.

Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas non deixa de crecer en vendas cada ano. Os seus albariños son moi demandados, pero as adegas levan anos elaborando outra especialidade que cada ano aumenta o seus éxito, os viños escumosos. Para poñer en valor esta especialidade e promocionala o concello de Cambados creou a feira Essspop.

A gran acollida que tivo a feira Essspop no seu regreso, é unha demostración máis do éxito que están tendo os viños espumosos da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Na feira participaron 12 adegas. Para as compañías é unha gran oportunidade para mostrar os seus escumosos.

As xornadas contaron con música e tamén con gastronomía. Pola feira pasaron chefs como Yayo Daporta que aportaron diferentes elaboracións para maridar cos viños escumosos.

Centos de persoas visitaron durante a fin de semana os xardíns do Pazo Torrado. As cifras de vendas da feira foi moi numerosa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí