![]()
PONTEVEDRA> O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores reuniuse esta mañá cunha representante do Centro de Recursos Específicos…
{flowplayer}images/salnes/170309_lores_con_once.flv{/flowplayer}
… da ONCE en Pontevedra. Nesta reunión ámbalas dúas partes chegaron a acordos sobre varias cuestións que preocupan a este último colectivo; a primeira delas a cesión dunha praza pública céntrica para que a ONCE celebre o vindeiro 17 de xullo pola tarde unha exhibición de cans guía.
O lugar está aínda por determinar pero o Concello xa amosou a súa boa disposición para o seu desenvolvemento. Desde a ONCE de Pontevedra tamén volveron a reivindicar a instalación de sinais sonoras en tódolos semáforos da cidade; unha actuación que xa está en marcha na súa primeira fase e que afectará os principais puntos de tránsito do núcleo urbán.
Esta organización solicitou ademais a colocación doutra media ducia de quioscos que facilite a venda de cupóns polos seus empregados ante as posibles inclemencias meteorolóxicas. Unha solicitude que xa está en marcha desde o goberno local.
A ONCE aproveitou tamén o acto para facer unha chamada á concienciación cidadá pedindo que non se aparquen os vehículos nas inmediacións dos pasos de peóns para non obstaculizar a súa mobilidade, xa de por si dificultosa.
Redacción Salnés







