![]()
POBRA> Tamén piden que o executivo local retire os escombros e refugallos que están esparexidos pola marxe do camiño.
A agrupación municipial do BNG de A Pobra vén de presentar unha moción na que insta ao goberno local para que acondicione a pista rural de Ponte-Naveira á Calzada, no lugar do Caramiñal de xeito que se transforme nunha estrada que acurte a distancia a varios núcleos urbanos do municipio.
{flowplayer}barbanza/caminobng.flv{/flowplayer}
Non é a primeira vez que o BNG da Pobra presentan unha solicitude relativa a mellora e adecuación desta pista. A proposta dos nacionalistas de incluir esta actuación no Plan de Infraestruturas da Consellería de Medio Rural 2009 foi rexeitada polo goberno local. Dende o BNG pobrés creen que este arranxo é necesario porque melloraría ás comunicacións dunha zona moi poboada do municipio.
Ademáis, os nacionalistas da Pobra consideran que o abandono do camiño permite que aínda sexa un lugar onde se sigue depositando residuos voluminosos, escombros e refugallo, malia estar prohibido.
Casal Sabín lembrou que esta actuación de mellora e acondicionamento do camiño foi prometida polo goberno local de Isaac Maceiras en numerosas ocasións, figurando como promesa electoral relevante na campaña dos comicios municipios.
Redacción Barbanza








