Un escape de gas alerta ós veciños da Rúa de Galicia

escapegas_100_180309.jpgNOIA> Un edificio situado na céntrica Rúa de Galicia rexistrou un escape de gas motivado pola sobrepresión no cadro de contadores.

{flowplayer}barbanza/escapegas.flv{/flowplayer}

Un forte cheiro a gas alertaba ós veciños do edificio La Merced, na rúa de Galicia, a primeira hora da mañá. Rapidamente deron aviso ó servizo de emerxencias 112 que movilizaron á Policía Local e o Grupo Municipal de Intervención Rápida.

Unha vez no edificio, os efectivos de emerxencia detectaron unha fuga de gas no cuarto de contadores situado na planta baixa motivado por un exceso de presión a través dunha válvula. Os voluntarios do Grumir procederon ó peche da chave do gas e deron aviso á compañía distribuidora que solventou o problema con rapidez.

Sen consecuencias

Afortunadamente, non foi preciso desaloxar ós veciños nin houbo que lamentar danos materiais nin persoais posto que a fuga produciuse nunha zona con ventilación. No caso de que o escape se rexistrara no interior dunha vivenda as consecuencias poderían ter sido moito máis graves posto que podería producirse un incendio ou unha explosión.

Redacción Barbanza