A CIG denuncia despedimentos improcedentes nas ambulancias

    manifa_ambulancia100_180309.jpgO GROVE> O sindicato CIG denuncia despedimentos improcedentes no sector das ambulancias, coincidindo coa negociación do convenio colectivo.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFA_AMBULANCIAS.flv{/flowplayer}

    O GROVE> O sindicato CIG denuncia despedimentos improcedentes no sector das ambulancias. Uns despedimentos que coinciden coa negociación do convenio colectivo.

    Un deses casos é o dun traballador do 061 de Portonovo, xestionado pola empresa Benito Mirazo, do Grove. Ata alí desprazáronse hoxe unha trintena de delegados da CIG para concentrarse diante da sede da empresa.

    Reclaman a readmisión inmediata deste condutor de ambulancia ó igual que dos outros traballadores despedidos en Tui, Ordes, Carballo e Lugo. Estes casos xa os denunciaron ante a patronal e a Consellería de Sanidade, que é quen concede as empresas este servizo, pero non lles dan solución.

    Segundo o sindicato, no caso do traballador do 061 de Portonovo, a empresa argumentou problemas cos compañeiros, algo que nega rotundamente a CIG. A CIG afirma que a empresa se nega a readmitir ó traballador despedido e que no seu sitio xa puxeron a un traballador que fai máis horas.

    A concentración desta mañá estivo controlada por dúas patrullas da Garda Civil. Os delegados sindicais corearon varias consignas contra o empresario e lanzaron petardos. No edificio da empresa había unha cristaleira rota pero os manifestantes negaron calquera culpabilidade ante as pescudas da benemérita.

    Redacción Salnés