RIBEIRA> As reiteradas denuncias dos veciños afectados pola EDAR de Couso, en Ribeira, chegaron ó Parlamento da man de En Marea. A formación política demanda da Xunta adopción de medidas para acabar cos frecuentes vertidos e emisións de gases que se veñen producindo dende a posta en marcha desta infraestrutura. Propoñen ademais un análise polo miúdo para determinar as posibles responsabilidades derivadas dunha deficiente execución das obras. Ademais das molestias e problemas de saúde derivados da emisión dos gases, os veciños denuncian os constantes do aliviadoiro de Aguiño ó río Listres, que carece de saída ó mar pola alteración do seu cauce natural por mor dunha actuación acometida por Costas. Por esta razón, é frecuente o anegamento de terreos aledaños con augas residuais. Dende En Marea, solicitan información sobre as actuacións precisas para corrixir todos estes problemas así como os custos previstos e quen os asumirá. Lembran que se trata dunha infraestrutura nova, financiada con diñeiro público, que supera xa os dezanove millóns de euros de investimento.
Inicio BARBANZA