A Pobra mellorará a EDAR ante a futura ampliación da Tomada

    comisioncontrolvertidos100.jpgPOBRA> A comisión para o control de vertidos mantivo a súa primeira xuntanza do ano para analizar a aplicación do Plan de Control Medioambiental.

    {flowplayer}barbanza/comisioncontrolvertidos.flv{/flowplayer}

    O plan de vixilancia ambiental de vertidos industrias está a dar os froitos agardados. A concienciación das empresas, que introduciron melloras nos seus sistemas de predepuración reduciu considerablemente o risco de vertidos. E no caso de que os haxa contan cun protocolo de urxencia para episodios puntuais.

    Para continuar nesta liña de mellora ambiental ó longo deste ano intensificaranse as inspeccións nas empresas.

    O alcalde anunciou ademais a realización de futuras melloras na estación depuradora para aumentar a súa capacidade de cara á futura ampliación do polígono da Tomada. A Xunta de Galicia traballa na valoración e elaboración do proxecto.

    Redacción Barbanza