Muros volve a ser o porto deportivo con máis embarcacións en tránsito no 2017

O GROVE> Uns 8.700 barcos en tránsito recalaron nas costas galegas durante este 2017. Uns datos que presentou, este martes, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, quen asegurou que o porto de Muros foi o que máis embarcacións de este tipo seguido de outros portos como o de Combarro ou Baiona. O presidente de Portos de Galicia presentou os datos referentes ao balance anual de embarcacións en tránsito que pasaron polos portos galegos. Unhas 8700 embarcacións de este tipo recalaron na costa galega. Na súa intervención, o presidente de Portos de Galicia, sinalou que o porto que maior número de estas embarcacións recibiu foi o porto de Muros, en A Coruña, seguido polos de Combarro e Baiona, respectivamente. As Rías Baixas convertéronse este 2017 na zona da comunidade que rexistrou un maior aumento de esta actividade con un 9% máis que en 2017. Durán amosou na súa comparecencia a satisfacción polos bos datos e xustificounos como a consolidación dunha importante actividade que supón un impacto económico non só para o sector portuario, senón no conxunto das vilas que acollen instalacións naútico recreativas.