Ana Peleteiro logra a prata nos europeos de Torun

BARBANZA> Ana Peleteiro quedouse ás portas de revalidar o seu título europeo de Glasgow en 2019. Finalmente fíxose coa prata. A ribeirense fixo un salto de 14’52, quedándose tan só a un centímetro da portuguesa Patricia Mamona que se proclamou campioa europea na modalidade de triplo salto.

Houbo que agardar ó seu último salto. Pero ó final Ana Peleteiro nunca defrauda. Saltou 14’52, quedándose só a un centímetro da portuguesa Patricia Mamona. Aínda que non puido revalidar o título europeo conseguido en Glasgow en 2019, si acadou a prata. Un mérito ó alcance de moi poucos deportistas e que demostra a valía da ribeirense. Nun ano complicado, debido a varias lesións que a tiveron apartada das pistas, e tamén ó confinamento, Ana Peleteiro prepara xa a súa seguinte cita no calendario, unha que tamén está marcada en vermello, os Xogos Olímpicos de Tokio. Unha cita na que ten postas moitas esperanzas e na que seguro que non defraudará.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí