A Deputación elimina un punto negro na EP9305

    cruce_zarate100_200309.jpgRIBADUMIA> A Deputación de Pontevedra conseguiu eliminar un dos puntos negros da estrada provincial Coirón – Ribadumia – Leiro.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN_CRUCE_ZARATE.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> A Deputación de Pontevedra conseguiu eliminar un dos puntos negros da estrada provincial Coirón – Ribadumia – Leiro.

    O presidente Rafael Louzán supervisou hoxe as obras que se fixeron na intersección coa estrada de Sisán, nas inmediacións da adega Zárate. O cruce estaba xusto nunha curva moi perigosa e con esta actuación construíuse un carril de acceso.

    Louzán lembra que esta é unha zona de moitos accidentes e que rexistra a diario un tráfico de dez mil vehículos, moitos deles pesados, dada a proximidade do polígono de Meaño. Na visita desta mañá tamén participou a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, quen lembrou que esta era unha obra moi demandada. Nestes traballos a Deputación de Pontevedra investiu 70 mil euros.

    Redacción Salnés