A ILLA> Centos de crianzas da Illa de Arousa saen ás rúas para pedir unha limosniña polos que van alá. Veciños, restaurantes, panaderías e de máis establecementos agasallan aos máis pequenos con doces ou bolas de pan polo día de defuntos. A celebración deste ano volveu a ser moi abundante tras verse condicionada pola pandemia.
A Illa de Arousa recuperou todo o seu esplendor coa celebración do día de defuntos. Tras uns anos condicionados pola pandemia, centos de nenos e nenas da vila votáronse as rúas para pedir unha esmola polos que xa non están.
A petición dos nenos é nenas é escoitada e reciben por elo un agasallo, na súa maioría doces.
Estes agasallos son entregados pola veciñanza e por todo tipo de establecementos e asociacións, como pastelerías, restaurantes ou incluso farmacias, a confraría e a asociación de mexilloeiros.
Os nenos e nenas máis pequenos van acompañados polos seus familiares que ven como se mantén unha celebración que se mantén xeración tras xeración.
Certo é que as esmolas que se dan agora son moi diferentes ás de antes.
A celebración volveu ser moi abundante este ano, segundo sinalan algúns veciños, é posible que pola visita de nenos e nenas de fora da illa. Algo que dende a vila ven con alegría e con orgullo xa que iso axuda a manter a súa tradición.