A protectora de Cambados busca casa para Noble

    noble100_210909.jpgCAMBADOS> Chámase Noble pola nobreza da xente que o está a axudar. Fai trece días encontrábase abandonado e cego

    {flowplayer}images/salnes/noble.flv{/flowplayer} 

    CAMBADOS> Chámase Noble pola nobreza da xente que o está a axudar. Fai trece días encontrábase abandonado e cego polas rúas de Cambados.

    A Garda Civil recolleuno e levouno á protectora de animais da zona. Alí foi onde se decataron do seu problema: cataratas espesas nos dous ollos. Completamente desorientado e cunha operación imposible de realizar polo custe económico que supuña, o futuro deste cocker non era esperanzador. Pero todo cambiou cando Olga, presidenta da protectora, comezou a realizar diversas chamadas e xestións, ás que todos responderon de xeito desinteresado. Así, mentres unha farmacia de Vilanova se fixo cargo do tratamento máis custoso, un veterinario de Lugo operará a Noble este venres facendo recupere novamente a visión.

    Agora agárdalle unha longa semana pero á volta desta viaxe xa conta con dúas posibles casas de acollida, unha en Cambados e outra en Vigo, que o queren adoptar para axudalo no que necesite. Pero como Noble, hai milleiros de cans encóntranse na mesma situación.

    Este verán máis de 2.500 cans foron abandonados polos seus donos. Dende a protectora de Cambados mándase unha mensaxe para todos aqueles que queiran ter ó seu carón, o que din que é o mellor amigo do home.

    Redacción Salnés