Os socios do proxecto NEA de turismo náutico reúnense en Cambados

    nea100_230309.jpgCAMBADOS> Cambados acolle entre hoxe e mañá a reunión decisiva do proxecto NEA, que pretende potenciar a náutica e o turismo.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTO_NEA.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Cambados acolle entre hoxe e mañá a reunión decisiva do proxecto NEA, que pretende potenciar a náutica e o turismo nas rexións participantes. Son en total 23 socios de cinco países, Francia, Reino Unido, Irlanda, Portugal e España.

    Un deles é o Concello de Cambados, ó que lle corresponden case 100.000 euros distribuídos en tres anualidades. 36 mil sairán das arcas municipais e o resto de fondos FEDER da Unión Europea. O alcalde cambadés, José Manuel Cores Tourís, inaugurou esta mañá o encontro no Parador do Albariño.

    Outro socio deste proxecto é a Asociación Galega de Actividades Náuticas. O seu presidente destacou que o proxecto NEA ten un dos presupostos máis altos dos concedidos á rexión atlántica. Serán máis de 4,7 millóns de euros para desenvolver actividades nos vindeiros tres anos. Nestes días os socios falan dos presupostos, o destino das achegas dos fondos FEDER e do desenvolvemento das diferentes actuacións previstas. Polo de agora, xa se conseguiron 40 mil euros máis para os socios galegos.

    O proxecto NEA está orientado á promoción de actividades e produtos náuticos e eventos turísticos. Neste marco, o alcalde de Cambados confía en que a nova Xunta execute o ansiado proxecto do porto deportivo.

    Redacción Salnés