O proxecto ‘Riveira Atlántica 2015’ xa dispón de portal web

    novapaxinawebriveiraatlantica.jpgRIBEIRA> A páxina permitirá, entre outros aspectos, que os veciños poidan seguir de maneira pormenorizada a evolución das distintas actuacións enmarcadas no proxecto.

    {flowplayer}barbanza/novapaxinawebriveiraatlantica.flv{/flowplayer}

    A nova páxina web do proxecto ‘Riveira Atlántica’ (www.riveiraatlantica2015.es) nace principalmente coa finalidade de proporcionaralle ó visitante toda a información sobre as actuacións que o proxecto ten previsto levar a cabo, así coma as noticias máis relevantes do sector turístico. Conta cunha sección de anuncios e cun buzón de suxestións onde os usuarios poderán intercambiar opinións, facer consultas e propostas ó equipo técnico de Riveira Atlántica 2015. Ademais, ten un acceso directo as redes sociais, concretamente a Facebook e a Twitter.

    Evolución proxecto ‘Riveira Atlántica 2015’

    O alcalde Manuel Ruíz aproveitou a ocasión para informar sobre as oito actuacións englobadas no proxecto turístico Riveira Atlántica 2015. Unha delas, a construción do novo mercado municipal, atópase pendente de que a empresa adxudicataria retome os traballos. Un feito que podería producirse segundo el a vindeira semana.

    Outras actuacións

    Ruíz tamén aludiu a que se están a cumprir os prazos previstos no resto de actuacións enmarcadas neste macroproxecto como é o caso do paseo marítimo terrestre do borde litoral, as recuperacións do complexo mar-industria de Area Secada e Río Arlés e o seu entorno, o centro social de Oleiros ou a rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Ribeira e a recuperación de Castro da Cidade.

    Redacción Barbanza