RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira volve demandar máis efectivos policiais para garantir a seguridade cidadá. Hai dous meses que a xunta local de seguridade adquiriu unha serie de compromisos que, a día de hoxe, seguen sen cumprir.
A vaga de roubos que dende hai meses se rexistra na capital do Barbanza segue a xerar unha gran preocupación entre a veciñanza. Especialmente afectados son os comerciantes e hostaleiros vítimas desas accións delictivas que demandan un incremento dos efectivos policiais.
Dende a asociación de empresarios lembran os compromisos adquiridos na xunta local de seguridade celebrada o 31 de xaneiro para incrementar a presenza de axentes nas rúa;medida que a día de hoxe non se implementou.