O BNG pide o acondicionamento para o lecer da praza Treixadura

    bngpobraarranxotreixadura_100_23032009.jpgPOBRA> Os nacionalistas critican que o goberno local priorizase o tránsito de vehículos antes que o ocio do veciños.

    A agrupación local do BNG de A Pobra presentou unha moción na que solicita ao goberno municipal o acondicionamento da praza da Treixadura, situada na urbanización de O Lagar.

    A concelleira do BNG pobrés, Cristina Andrade recolleu as queixas dos veciños desta urbanización polo estado de abandono no que se atopa a praza da Treixadura, ademáis de ser unha zona impracticable para o lecer dos cativos, por non ten ningún lugar adicado a xogos infantís.

    Planificación errónea

    A planificación deste espazo público non contentou aos habitantes desta urbanización, xa que se primou o tránsito de vehículos e as zonas de estacionamento fronte aos espacios verdes e de esparexemento. Tampouco se tivo en conta unha pequena superficie de titulariedade pública que quedou se urbanizar entre os edificios.

    Os nacionalistas critican que o goberno municipal non a integrase no proxecto de construcción da praza. A día de hoxe este lugar está abandonado e cuberto de maleza.

    {flowplayer}barbanza/bngpobraarranxotreixadura.flv{/flowplayer}

    Non é a primeira vez que a agrupación nacionalista da Pobra solicita a mellora e acondicionamento desta praza. Hai xa dous anos presentaron unha moción similar que foi desbotada polo grupo de goberno argumentando que se ía traballar na mellora deste espazo público. A pesar disto, tal e como sinalaron os frentistas, a actuación continua pendente de realizarse.

    Desta volta, os edís do bng pobrés esperan que o goberno que preside Isaac Maceira tome en consideración as queixas dos veciños desta urbanización e apoie esta moción que se debatirá na sesión plenaria que tera lugar o xoves desta semana.

    Redacción Barbanza