O acoso escolar e a violencia de xénero a debate en SERGA Sanxenxo

    SANXENXO> Este xoves impartíronse unhas xornadas sobre a violencia de xénero e o acoso escolar en Sanxenxo. Unha iniciativa privada, que se levou a cabo na sede de SERGA, e que se atopa dentro da programación creada para conmemorar os 30 anos da entidade de administración de fincas. Serga Sanxenxo cumpre este ano nada máis e nada menos que 30 anos. Por iso este ano deseñaron unha serie de accións coas que conmemorar este aniversario, pero non só por iso senón porque Serga ademais ten unha rama social. A violencia de xénero ou o acoso escolar son dúas lacras que están demasiado presentes na nosa sociedade actual por iso, dende a sede sanxenxina de Serga estase a traballar para poder dotar a sociedade de “armas” que permitan loitar contra estas violencias. A actividade de hoxe divídese en varias partes, unha teórica e outra máis didáctica. Este tipo de actividades están abertas ao público en xeral a través aínda que deberán solicitar a súa inscrición se queren asistir. O Facebook de esta entidade publica con periodicidade algunhas das accións que se desenrolan nas súas instalacións, así que si lles interesa xa saben…