Durán publica as imaxes do atentado na súa vivenda buscando a colaboración cidadá

VILANOVA> Gonzalo Durán fai públicas as imaxes do atentado sufrido o pasado ano na súa casa. Nas gravacións, recollidas coas cámaras de seguridade da súa vivenda, pode observarse como un home e unha muller roldan durante uns minutos a casa de Durán ata que finalmente lanzan ao seu interior dous artefactos ardendo. O alcalde vilanovés pide a colaboración cidadá para recoñecer aos culpables e que a Garda Civil e os xulgados reabran o caso.

As imaxes que están a ver mostran dende a casa do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, o atentado que sufriu o ano pasado na vivenda. Unha parella roldou en varias ocasións a casa do rexedor chegando incluso a sinalala. Minutos despois regresaron con dous artefactos incendiarios lanzándoos ao interior da casa. Durán decidiu publicar estas imaxes para mostrar o atentado e que os veciños recoñezan aos culpables.

Nas imaxes pode verse claramente á parella. Gonzalo Durán sinala algunhas prendas da súa roupa para que se recoñeza aos culpables.

Gonzalo Durán decidiu facer públicas as imaxes despois de que a Garda Civil e os xulgados arquivasen a causa.

Durán tamén criticou ao Psoe pola súa actitude cando denuncio o acontecido o ano pasado.

Unha vez publicadas as imaxes. Durán pide aos culpables que se entreguen.

O alcalde abriu un mail buscando a colaboración cidadá. Pide á veciñanza que lle escriban ao correo electrónico colaboracionciudadanavilanova@gmail.com. Durán advirte que así como atentaron contra el, poden facelo contra calquera.

Coa testemuña da veciñanza, Durán agarda que as forzas de seguridade retomen a investigación. O alcalde garante a privacidade dos correos e pide a todos os veciños que compartan con total liberdade as imaxes.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí