Os parquistas de Carril e Cobres San Rafael lanzan dúas sondas para estudar a mortalidade da ameixa na desembocadura do Ulla

VILAGARCÍA> Os parquistas de Carril e Cobres San Rafael colocan dúas sondas na desembocadura do Ulla para controlar o medio mariño. Ambas entidades continúan colaborando para detectar os problemas que provocan á mortalidade da ameixa na ría de Arousa. Os parquistas agardan atopar a fonte dos problemas e poder dar así solución a unhas mortalidades dos bivalvos que cada vez son máis frecuentes.

Os parquistas de Carril e Cobres San Rafael continúan colaborando para detectar os problemas de mortalidade que afectan ás ameixas na ría de Arousa. Nunha nova fase dos seus estudos, ambas entidades colaborarán coa Estación de Bioloxía Mariña da Graña para colocar dúas sondas na desembocadura do Ulla que permitan facer un control da situación medio ambiental, tendo en conta factores como os niveis de clorofila na auga, directamente ligados ao fitoplacton, base da cadea alimenticia dos bivalvos.

As sondas estarán traballando durante un mes, o que permitirá detectar calquera cambio no medio mariño.

Os parquistas agardan que estes estudos lles permitan atopar unha solución sobre os problemas que afectan á ría e, especialmente, á desembocadura do Ulla.

O proxecto forma parte  do plan de sustentabilidade e responsabilidade de Cobres San Rafael denominado Terras do Ulla. Un programa para analizar a situación do río e dos bancos mariñeiros da súa desembocadura.

Precisamente, o proxecto conta co apoio do Intecmar, centro ao que será enviados todos os resultados. Estes estudos faranse en dúas campaña de preto de 20 días cada un.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí