Uns catrocentos remeiros participarán na I Regata de Bateis Bandeira Concello de Ribeira

RIBEIRA> A proba, que está organizada polo Club de Remo Náutico de Ribeira, está aberta a tódalas categorías, dende alevíns a seniors, e arrancará a partir das catro da tarde. Esta mañá presentábase no concello ribeirense a primeira edición da regata de bateis Bandeira Concello de Ribeira – Trofeo Duarry que se desenvolverá este próximo sábado no porto exterior da localidade. Na proba, que está organizada polo Club de Remo Náutico de Ribeira, tomarán parte ó redor de 400 remeiros chegados dende diferentes clubs pertencentes á liga territorial norte. En total entre 72 e 75 embarcacións en tódalas categorías, dende alevíns a seniors. Dende a organización destacouse a vistosidade da proba e a espectacularidade do campo de regatas, de gran visibilidade para tódolos afeccionados que se acheguen ese día ata o malecón, o contar con 380 metros de escollera lineal. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados por categorías, contándose ademais cun trofeo artesanal elaborado pola asociación Ambar e con outro cortesía do prinicpal patrocinador Duarry. Ademais o club que obteña a mellor puntuación sumando tódalas categorías farase fialmente coa prezada bandeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí