Un ciclo de música de cámara para promocionar os sons galegos

    galegos_hoxe_100_240309.jpgVILAGARCÍA> ‘Galegos Hoxe’ constará de catro actuacións nas que se escoitarán pezas compostas e interpretadas por músicos de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/240309_ciclo_musica_camara.flv{/flowplayer}

    Dar a coñecer a música composta por autores galegos da man de intérpretes da terra ou residentes en Galicia. Este é o obxectivo que se marcou o concello de Vilagarcía á hora de organizar este ciclo de música de cámara, de aí que o bautizasen baixo o nome de ‘Galegos Hoxe’. Esta primeira edición constará de catro actuacións. Celebraranse cada venres, comezando esta semana e rematando o doce de xuño. Os concertos, dunha hora de duración, constarán de dúas partes e estarán dedicadas a un instrumento principal, aínda que as composicións serán as verdadeiras protagonistas. De feito, os organizadores encargaron a composición de pezas exclusivas para estrear neste festival.

    Ademais de promocionar a música galega, o ciclo de cámara terá unha compoñente educativa. O día antes de cada concerto organizaranse charlas dirixidas ós estudantes de música do Conservatorio e da Escola Municipal nas que se ofrecerán detalles sobre as composicións e os instrumentos que intervirán na actuación.

    Pero ademais dos alumnos, o ciclo permitirá tamén ofrecer unha formación musical ós espectadores.

    O primeiro concerto terá lugar este venres ás oito da tarde no Auditorio Municipal. Intervirá o músico Luís Soto á frauta acompañado do pianista e mestre do Conservatorio Diego García. A entrada é libre e gratuíta.

    Redacción Salnés