![]()
RIBADUMIA > O Concello logrou onte sacar adiante o presuposto municipal, por primeira vez, desde o ano 2003. O documento …
… inclúe un crédito da Deputación para facer fronte á débeda con Obexcar, e tamén o soldo da alcaldesa, Salomé Peña, que terá dedicación exclusiva e cobrará 39.900 euros ó ano.
Por primeira vez desde o 2003, o Concello de Ribadumia consigue aprobar un presuposto. Pero as contas deste ano, que ascenden a máis de 3 millóns de euros, non contaron co respaldo da oposición, pese a que en parte das obras incluídas no documento había consenso e xa están executadas. O nacionalista Ramón Mouriño destacou tres características deste presuposto: ‘aumento da débeda, recorte de información e participación da oposición e vía libre do equipo de goberno para gastar os cartos sen definición concreta’.
A débeda contraída polo Concello foi un dos principais motivos de protesta da oposición. Neste presuposto inclúese un crédito á Caixa de Anticipos da Deputación de Pontevedra para saldar a débeda de Obexcar, que é de máis de 305 mil euros. Para a portavoz de IR, Mar Rey, isto supón ‘un fortísimo endebedamento para as arcas municipais’, que impide, ó seu parecer, levar a cabo outras obras ou necesidades. Fronte ás críticas, a rexedora lembrou que a día de hoxe a débeda municipal é de só 82 mil euros e que o crédito solicitado á Deputación non terá intereses.
A oposición falou de falta de transparencia nestas contas pero a alcaldesa defendeu o documento como un presuposto de caracter investidor, no que se reparte algo máis dun millón de euros en saneamento, servizos sociais e cultura e deporte. Peña destacó que las cuentas no incluyen todas las inversiones que tenía previsto hacer el equipo de gobierno, pues el hecho de haber tenido que trabajar con un presupuesto prorrogado desde el 2003 obliga a retrasar estas inversiones. Así, proyectos como el centro de día o el tanatorio deberán esperar al próximo ejercicio, ainda que si se inclúe unha partida para redactar os anteproxectos.
A aprobación das contas permitirá tamén que a alcaldesa teña un soldo municipal. Será de 39.900 euros brutos ó ano, que veñen sendo uns dous mil euros mensuais
Redacción Salnés







