O sorteo da Lotería Primitiva deixa en Carril un millón setecentos mil euros

    loteria100.jpgVILAGARCÍA> A Administración de Lotería número tres de Vilagarcía selou dous boletos premiados coa combinación gañadora, neste sorteo, que poderían corresponder a unha mesma persoa.

    A combinación formada polos números 8/12/17/23/29/34 trouxo a sorte ata a comarca, neste xoves. A administración número 3 de Vilagarcía, ubicada en Carril, selou dous boletos gañadores cun primeiro premio supón máis de 857.000 euros por boleto.

    Os administradores non saben quen é o agraciado aínda que sospeitan de dous veciños, que selaron cadanseus boletos, por duplicado. O ente nacional, Loterías y Apuestas del Estado valorou como curioso e pouco usual, o feito de que unha mesma persoa sexa agraciada por partida dobre, nun sorteo destas características.

    Esta administración repartiu máis de 100 millóns de euros nos últimos dez anos en diferentes sorteos da lotería Primitiva e Nacional. No ano 1998 venderon un segundo premio da lotería do Nadal, e repartiron ducias de millóns entre os veciños de Carril. A sorte achegouse, de novo onte ata esta administración, que é unha das que máis premios teñen repartido na comarca.

    A noticia non pasou desapercibida entre os veciños de Carril que están felices de que a sorte e os cartos, non pasen de largo, por este pobo mariñeiro.

    O terceiro boleto agraciado co primeiro premio no sorteo da lotería primitiva, de onte, selouse en Bilbao. En segunda categoría, houbo oito boletos premiados.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/270309_primitivas_en_vilagarcia.flv{/flowplayer}