Caixanova avanza claves para a supervivencia empresarial nesta crise

    camara100.jpgVILAGARCÍA> Caixanova e a Cámara de Comercio achegaron onte ós empresarios algunhas claves para sobrevivir á crise.

    {flowplayer}images/salnes/CAMARA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> ‘Fai falta un patrón para superar a tempestade’. Con esta expresión, o director da Escola de Negocios Caixanova, Eduardo García Erquiaga, arrancaba onte a súa conferencia sobre qué debe facer o responsable dunha empresa en tempos de crise.

    A charla, organizada pola Cámara de Vilagarcía, reuniu a un número de empresarios da demarcación, preocupados pola situación económica actual. Eduardo García puxo sobre a mesa medidas adecuadas para afrontar momentos de crise e propostas para manter vivo un negocio. Segundo indicou, a competitividade dunha empresa depende, ademais do diñeiro, as instalacións ou das dotacións tecnolóxicas, das ideas e de persoas comprometidas.

    Antes desta conferencia, a Cámara de Comercio entregou os diplomas ós participantes no Programa de Actualización Directiva. A actividade foi impartida pola Escola de Negocios Caixanova e polo Centro de Formación Empresarial da cámara. Nela participaron principalmente xerentes, directivos e profesionais con experiencia empresarial.

    Redacción Salnés