Cambados promocionase para ser a Capital do Viño en 2017

    CAMBADOS> O Museo do Viño, en Cambados, acolleu este luns a reunión do Consello de Administración da Rede Europea de Cidades do Viño, onde se tratou entre outros temas a candidatura da vila para converterse na Capital do Viño 2017. 

     

    A vila de Cambados en xeral, e o Museo do Viño en concreto, acolleron este luns a reunión do Consello de Administración da Rede Europea de Cidades do Viño, onde se tratou a candidatura de Cambados, para ser nomeada Capital do Viño 2017.

    Na reunión participaron representantes dos principais territorios vitivinícolas non soamente de Galicia, senón tamén de países como Portugal ou Italia. 

    O concello de Cambados elaborou un pequeno programa de actividades paralelas para dar a coñecer a vila ao integrantes de Recevin. Un programa que finalizou cun Xantar nunha coñecida adega da zona, e co que pretenderon presentar Cambados como un territorio de tradición vitivinícola e enclave histórico artístico. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/12/candidatura_cambados_recevin_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/12/candidatura_cambados_recevin.mp4{/flowplayer}