VILAGARCÍA> A maioría das actividades extraescolares que practican os máis pequenos víronse freadas de golpe pola crise sanitaria. Aínda así, son moitos os que continúan dende a casa facendo o que lles gusta.
É o caso do alumnado do Centro Artístico Begoña Fontán, de Vilagarcía, que creou un video no que demostran o seu talento convidándonos a quedar na casa.