MORAÑA> Os veciños de Moraña poderán transitar de forma máis segura pola Rúa 1 tralas obras realizadas pola deputación e o concello. A reforma que está preto de rematarse permitirá ampliar e mellorar as beiravías. O custo da intervención é de 110 mil euros.
A rúa número 1 de Moraña, unha das principais, está preto de verse totalmente renovada. Concello e deputación levan a cabo unha obra de reforma das beiravías da avenida. A intervención financiada co plan concellos permitirá mellorar a seguridade peonil.
A intervención actuará sobre as beiravías renovándoas e ampliándoas para dar máis espazo de tránsito aos peóns.
As beiravías ampliáronse o máximo posible sen que interfiran no tráfico rodado. O obxectivo do concello é realizar máis actuacións como esta para que os peóns poidan transitar con tranquilidade e seguridade por Moraña.
A intervención está aínda en período de execución. A previsión é que se remate nun prazo máximo de dúas semanas.