O pleno aproba o paso de cinco a dúas dedicacións exclusivas

plenonoia_100_300309.jpgNOIA> O PSOE noiés afrontou o seu primeiro pleno gobernando en minoría, un mes despois da disolución da coalición de esquerdas.

{flowplayer}barbanza/plenonoia.flv{/flowplayer}

O primeiro pleno celebrado en Noia trala ruptura do pacto de goberno levantou unha gran expectación. De aí, o numeroso público que seguiu a sesión que non estivo exenta de polémica.

Despilfarro

O punto que xerou maior tensión foi a modificación dos cargos electos con dedicación exclusiva. O voceiro do Partido Popular recriminou ó alcalde o despilfarro que supuxo para as arcas municipais as seis dedicacións exclusivas que mantivo o goberno que agora se transforman en dous. Dedicacións, que ó seu entender, non eran necesarias e agora, 21 meses despois, esta proposta venlle dar a razón.

O alcalde xustificou a necesidade das dedicacións e gabou o bo traballo realizado polos concelleiros que rendibilizaron con creces a súa retirbución. Neste punto, Antonio Pérez Insua aclarou que non cuestionaba o traballo dos edís nacionalistas. Pola contra, eloxiou o seu labor, especialmente o de Xosé Bernaldo Castro á fronte de urbanismo.

Sen embargo, si cuestionou o labor do alcalde que non foi quen de impulsar ningún proxecto dende a delegación de Medio Ambiente que asumiu en exclusiva. Aquí xerouse unha tensa discusión entre o alcalde e o portavoz popular que foi chamado á orde en cinco ocasións.

Outros puntos

Durante a sesión tamén se debateu a aprobación dun suplemento de crédito con cargo á incautación dunha fianza cuxo expediente, segundo explicou o ata ode agora edil de urbanismo, estaba pendiente de executiar dende o verán do pasado ano.

Outro dos asuntos abordados no pleno a proposta dos populares, que saíu adiante cos votos favorables de PP e PSOE, e a abstención do BNG foi a ubicación dun aparcadoiro soterrado nas inmediacións da Alameda.

Redacción Barbanza