PONTEVEDRA/RIBADUMIA> Facer algún tipo de deporte, xunto cunha boa alimentación, son as claves para sentirnos ben. Hoxe, coincidindo co Día Internacional da Actividade Física, dez localidades das Rías Baixas acolleron andainas saudables coas que se busca concienciar da importancia de facer exercicio. Nos estivemos de ruta en Pontevedra e Ribadumia.
Saír camiñar é bo para o corpo e para a mente. Nesta xornada, coincidindo co Día Internacional da Actividade Física, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés organizou 10 andainas saudables por outros tantos municipios. O obxectivo, dar a coñecer a importancia de facer exercicio a calquera idade.
Un dos centros de saúde que participou nesta iniciativa é o da Peregrina de Pontevedra. Ao mesmo tempo, pero a uns cantos quilómetros da capital, tamén enfundaban a súa roupa de deporte estes veciños de Ribadumia. Neste caso, optaron por unha ruta do máis natural, pola beira do Umia.
Iso é, precisamente, o que quere o Sergas con esta actividade. A lección, dende logo, téñena ben aprendida, porque hoxe tamén lles ensinaron a quentar e estirar ou a ter en conta os ritmos e rutinas. Unha loita contra o sedentarismo que se traduce nun aumento da esperanza de vida.
Ademais de en Pontevedra e Ribadumia, tamén participaron nesta iniciativa conxunta O Grove, Vilanova, Vilagarcía, ou Marín.