Ultiman os preparativos para a XVII Festa da Raia de Portonovo

    festa_raia_portonovocopy.jpgSANXENXO> Celebrarase os días 28, 29, 30 e 31 de abril, durante os que estarán dispoñibles 1.000 quilos de raia con diferentes preparacións.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_RAIA_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    1000 quilos de raia estarán preparados a última fin de semana de abril para recibilos comensais na décimo sétima Festa da Raia de Portonovo. Unha nova edición que aglutinará gran cantidade de novidades. Ademais da tradicional ración de raia en caldeirada por seis euros e medio ou a empanada por 3, os máis esixentes terán onde elixir.

    Un amplo programa de actividades completará esta nova edición da festa. Comezarán o día 28 de abril co tradicional concurso de cociña e o venres, o día estará dedicado ós maiores. O sábado celebrarase por primeira vez o Vespa Raiada e o domingo será o día institucional.

    Para as peixeiras da praza de Abastos de Portonovo tamén é unha data importante en canto ás ventas. Neses días poden chegar a vender entre cen e douscentos quilos deste produto do mar que garanten é 100% galego.

    Dezaoito restaurantes da vila tamén colaborarán coa festa. En calquera deles poden degustar unha ración de raia por 8 euros e medio.

    Redacción Salnés